ARTESÁNS
DESDE
1998
Chámome Álex Regueiro e son artesán de oficio. Comecei a traballar coa agulla con sete anos e profesionalmente con 17. No 1998 concedéronme a carta de artesán en traxes tradicionais galegos, acadando unha corentena de galardóns entre os que destacan o primeiro premio Antón Fraguas de investigación e o Manuel Beiras ao uso do galego.
Sobre min
OS DETALLES CONTAN
Unha imaxe vale máis que mil puntadas. Onde se atopa a diferenza? Cada unha das pezas que confeccionamos no noso obradoiro, están feitas a man, quere dicir isto que non empregamos procesos mecánicos. Os acabados son a marca da nosa excelencia, costura a lume lento, sen présas. Puntadas que aloumiñan os tecidos, para obter un óptimo acabado.
O NOSO ARMARIO
PARA AS MOZAS
PARA OS MOZOS
MÁIS PRETO
Ponte en contacto conmigo
ALDEA DE SAN DOMINGO, 81. TEO. 15866. GALIZA
604 089 348
alalatraxegalego@gmail.com
CITA PREVIA